Xa podes votar polo xogador da afección para o II Trofeo Julio Vila

Compartir con

Julio Vila. Cando alguén pronuncia este nome no entorno do Breogán, todos pensamos no que foi un dos máis grandes afeccionados do club celeste. Por tanto, un trofeo entregado polas peñas debe levar o nome de tan insigne afeccionado. --VOTAR--

Xa podes votar polo xogador da afección para o II Trofeo Julio Vila

Este trofeo pretende recoñecer ao mellor xogador da tempada a xuízo dos afeccionados en base aos seguintes criterios:

Voto das peñas (60%)

Cada unha das peñas (Peña Breogán, Embreogados e Fogar de Breogán) votará con 3, 2 e 1 punto aos tres xogadores que consideren merecedores do premio, sendo 3 a puntuación máis alta e un a máis baixa. Cada unha das peñas elixirá a forma en qué levará a cabo a votación a nivel interno. Cada peña remitirá o resultado da súa votación á dirección de correo electrónico prensa@cbbreogan.com antes das 00:.00 horas do día 21 de abril.

Voto xeral (40%)

O público en xeral tamén participará deste trofeo mediante unha votación na forma que o Club Baloncesto Breogán estableza. O xogador máis votado acadará 6 puntos, o segundo 4 puntos e o terceiro 2 puntos. Esta votación rematará o día 21 de abril ás 00:00 horas.

Gañador

O gañador resultará de sumar os puntos de cada unha das peñas aos puntos obtidos no voto xeral.

Desempate

As peñas terán o voto de calidade en caso de empate.

Trofeo

O trofeo será entregado no primeiro encontro de playoff a celebrar en Lugo, acompañado dunha camiseta de cada unha das peñas.

Gañadores anteriores edicións do Trofeo Julio Vila:

2014/2015: Osvaldas Matulionis

   -------VOTAR-------

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información